Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. 02/4053/2018, interposto por Eduardo Pío Bermejo Pumar, Mª José Ferreño Mariño e Antonio Rodríguez Castiñeiras contra o Decreto 127/2017, do 23 de novembro, polo que se aproba o mapa farmacéutico de Galicia, se planifica a autorización de novas oficinas de farmacia e se fixa a delimitación territorial para a súa localización.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un decreto polo cal se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 02/4053/2018, interposto por Eduardo Pío Bermejo Pumar, Mª José Ferreño Mariño e Antonio Rodríguez Castiñeiras contra o Decreto 127/2017, do 23 de novembro, polo que se aproba o mapa farmacéutico de Galicia, se planifica a autorización de novas oficinas de farmacia e se fixa a delimitación territorial para a súa localización.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2018

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade