Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26677

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas práticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega no primeiro cuadrimestre do ano 2018, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2018

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística.

6.000 €

26.3.2018