Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26687

IV. Oposicións e concursos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe de servizo II desta institución.

Mediante a Resolución da Valedora do Pobo, do 7 de febreiro de 2018, apróbase a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe do servizo II desta institución (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

Mediante a Resolución da Valedora do Pobo, do 14 de maio de 2018, resólvese a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe/a do servizo II da institución.

Polo exposto, e no exercicio das funcións que me atribúe a Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo,

RESOLVO:

Nomear a Santiago González Serrano, DNI 32650145N, xefe de servizo II do Valedor do Pobo.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2018

Milagros María Otero Parga
Valedora do Pobo