Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a iniciación do expediente sancionador MON-LU-0023/2018-CSA.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. Así mesmo, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 14 de maio de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-0023/2018-CSA.

Interesado: José Vidal Iglesias.

Acto notificado: acordo de incoación.