Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de maio de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de reintegro en materia de subvencións (expediente TR802J-27-040-14).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.

O acto foi adoptado pola Secretaría Xeral de Emprego por delegación da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, segundo establece o artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada no Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Expediente: TR802J-27-040-14.

Interesada: Luis Miguel Demanuel Demanuel.

Acto de notificación: resolución de inicio do procedemento declarativo de reintegro.