Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 15 de maio de 2018 pola que se notifica o acordo de inicio de expediente de reintegro do proxecto IN525A-2013/011, cuxa notificación por oficio foi devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), despois de intentar sen éxito a notificación do acordo de inicio de expediente de reintegro do proxecto IN525A-2013/011 no último domicilio social coñecido da entidade Tabiclick, S.L., notifícase por medio da presente cédula no Boletín Oficial del Estado aos interesados o contido do dito acto, que figura no anexo, para que poidan ter coñecemento.

Segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na tramitación do procedemento de reintegro garantirase, en todo caso, o dereito do interesado á audiencia, polo que, consonte o disposto no artigo 82.2 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, se concede ao beneficiario da subvención un prazo de 15 días para alegar e presentar os documentos e xustificacións que coide pertinentes. Se antes do vencemento do prazo o interesado manifesta a súa decisión de non efectuar alegacións nin presentar novos documentos ou xustificacións, terase por realizado o trámite.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse nas dependencias da Axencia Galega de Innovación, sita na praza de Europa, 10, 3º A, 15707 Santiago de Compostela, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Proxecto: IN525A-2013/011.

Nome ou razón social: Tabiclick, S.L.

CIF/NIF: B70338504.

Axuda: Resolución do 10 de outubro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN525A).

Contido do acto: acordo de inicio de expediente de reintegro de subvención.