Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26682

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2018 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión deste organismo autónomo á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a xestión da formación dos/as profesionais, derivada do concurso da contratación da subministración sucesiva de agullas de insulina con destino ás estruturas de Xestión Integrada (expediente MI-SER1-14-005).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución do 14 de maio de 2018, do Servizo Galego de Saúde, pola que se encomenda á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde a xestión da formación dos/as profesionais do Servizo Galego de Saúde, derivada do concurso da contratación da subministración sucesiva de agullas de insulina con destino ás estruturas de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde (expediente MI-SER1-14-005).

– Actividade: a Axencia asumirá a xestión, programación e planificación das actividades formativas propostas polo Servizo de Integración Asistencial do Servizo Galego de Saúde, dentro dos límites orzamentarios establecidos. Estas actividades formativas deben estar enmarcadas dentro da formación referida ao uso adecuado das agullas de insulina ou de actividades que faciliten a apertura de liñas de investigación ou mellora do traballo coa mellor evidencia dispoñible.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: o encargo ten natureza de encargo a medio propio, de acordo co disposto no artigo 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e no artigo 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. Tal condición de medio propio recóllese no artigo 5 do Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos.

– Prazo de vixencia: ata o 31 de decembro de 2018.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde