A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu da Sección Segunda da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, un decreto polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 02/4055/2018 interposto por José Luis Garrido Novoa, contra o Decreto 127/2017, do 23 de novembro, polo que se aproba o mapa farmacéutico de Galicia, se planifica a autorización de novas oficinas de farmacia e se fixa a delimitación territorial para a súa localización.
En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección Segunda da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de 9 (nove) días, contado desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018
Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade