Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26397

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se modifica a Resolución do 6 de febreiro de 2018 pola que se lles dá publicidade a dous convenios de colaboración que foron subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

Mediante a Resolución do 6 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, publicouse a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2017 (DOG do 16 de febreiro de 2018), na cal non foron incluídos dous convenios subscritos nese período.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación de dous convenios que foron subscritos pola Consellería do Mar, no terceiro cuadrimestre de 2017, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2018

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar
no terceiro cuadrimestre do ano 2017

Descrición

Importe

Data

Addenda ao acordo de colaboración entre Consellería do Mar e a Consellería de Economía, Emprego e Industria para a acreditación da formación impartida pola primeira dirixida á cualificación profesional do colectivo de redeiras/os.

Sen custo económico

27.11.2017

Protocolo de colaboración entre a Universidade Católica do Norte (Chile) e o Centro de Investigacións Mariñas da Consellería do Mar para a elaboración do proxecto FONDEF «Análisis de riesgo y sistemas de alerta temprana de floraciones algales nocivas para la acuicultura y áreas de manejo en el norte de Chile».

11.633 €

13.12.2017