Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 16 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifican as resolucións do recurso de alzada RAM-LU-43/17 e un máis.

O 23 de marzo de 2018 e o 12 de abril de 2018, o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG nº 131, do 12 de xullo), ditou as resolucións dos recursos de alzada RAM-LU-43/17 e RAM-LU-1/18 interpostos por Aplistone, S.L.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal, notifícanselle a Aplistone, S.L. as resolucións antes referidas.

A interesada poderá recoller as notificacións das resolucións mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico I da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE ou a traves do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal (https//notifica.xunta.gal).

Contra as referidas resolucións, que son definitivas en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que a demandante teña o seu domicilio ou o de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou polo transcurso do prazo establecido no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria