En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Data de publicación no perfil do contratante: 13 de decembro 2017.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizo de traballo de campo e depuración da operación Enquisa de movemento aeroportuario de Galicia.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: anticipada.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación:
Importe sen IVE: 49.600,00 €.
IVE (21 %): 10.416,00 €.
Importe total IVE incluído: 60.016,00 €.
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 17 de abril de 2018.
b) Data de formalización do contrato: 26 abril de 2018.
c) Adxudicataria: Ideara, S.L.
d) Importe de adxudicación: 53.864,36 €.
Importe sen IVE: 44.516,00 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2018
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia