Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2018 pola que se fai pública a formalización dun contrato de servizo non suxeito a regulación harmonizada (expediente 1/2018/CNTSE).

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido de la Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

Servizo auxiliar para o manexo da comporta da dársena interior de Malpica e dos guindastres do porto de Malpica e Caión, así como o mantemento da comporta da dársena de Malpica e dos guindastres de Malpica, Caión e Barizo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Explotación e Planificación.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Número de expediente: 1/2018/CNTSE.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=252813

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: este contrato ten por obxecto a prestación dos servizos indicados no número 4.1 do cadro de característicos do contrato, axustándose aos termos definidos no prego de prescricións técnicas.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 50531300; 50531400.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 25 de febreiro de 2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria. Documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 97.960,80 euros, IVE do 21 % excluído.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 81.634,00 euros. Imposto sobre o valor engadido (21 %): 17.143,14 euros. Importe total: 98.777,14 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 8 de maio de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 16 de maio de 2018.

c) Contratista: Raúl Souto Andrade.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 71.374,50 euros, IVE do 21 % excluído. Importe total: 86.363,15 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia