Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26278

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, por concurso, de sete postos de cabo do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 89, do 11 de maio de 2018, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 30 de abril de 2018, relativas á seguinte convocatoria:

– Convocatoria para a provisión por concurso de sete (7) postos de cabo do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento. Funcionarios de carreira.

O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 16 de maio de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración