Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26280

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cooperativas Lácteas Unidas Clun, S. Coop. Galega

ANUNCIO de fusión polo sistema de absorción.

Conforme establece o artigo 78.1.c) da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, a entidade Cooperativas Lácteas Unidas, S.C.G. (CLUN) pon en público coñecemento, para os efectos do dereito de oposición dos acredores previsto no artigo 81 da referida lei, e do dereito de separación dos socios previsto no artigo 80 do mesmo texto legal, que por acordo da asemblea xeral de CLUN, adoptado o 21 de maio de 2018, se aprobou a fusión por absorción da entidade integramente participada Feiraco Piensos, S.L.U.

Ames, 21 de maio de 2018

José Ángel Blanco Purriños
Presidente do Consello Reitor