Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26143

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2018, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2018

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de xaneiro,
febreiro, marzo e abril do ano 2018

Descrición

Importe

Data

Protocolo de colaboración entre a Consellería do Mar, a Asesoría Xurídica Xeral e o Instituto Universitario de Estudios Europeos Salvador de Madariaga da Universidade da Coruña.

Sen custo económico

9.1.2018

Convenio de colaboración entre a Fundación Galicia Europa e a Consellería do Mar para financiamento dos gastos ocasionados polo persoal destacado na oficina da fundación en Bruxelas.

5.000 €

17.1.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

100.000 €

24.1.2018

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares de alumnos da facultade de veterinaria.

Sen custo económico

2.2.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Autoridade Portuaria da Coruña para a cesión de uso e posta á disposición dos locais SDO1G, SDO1N, SDO2F e SDO2G.

Sen custo económico

26.2.2018

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo para o intercambio de información para investigación sobre impacto do cambio climático e adaptación do marisqueo (pesquería do percebe) en Galicia.

Sen custo económico

1.3.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca) para a promoción e a mellora da comercialización das conservas de produtos pesqueiros no ano 2018.

147.620 €

8.3.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2018 como consecuencia das actividades que desenvolva a Federación ao longo do ano.

93.000 €

13.4.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2018 como consecuencia das actividades que desenvolva a Federación ao longo do ano.

93.000 €

13.4.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2018 como consecuencia das actividades que desenvolva a Federación ao longo do ano.

93.000 €

13.4.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2018 como consecuencia das actividades que desenvolva a Federación ao longo do ano.

37.500 €

18.4.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2018 como consecuencia das actividades que desenvolva a Federación ao longo do ano.

6.000 €

18.4.2018