Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 15 de maio de 2018, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante visita, a Inspección da Área Provincial de Turismo de Ourense comprobou que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta xefatura territorial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos, para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial de Turismo de Ourense.

Ourense, 15 de maio de 2018

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Café Bar Kopa-Club.

Titular: González Graña, Feliciana.

Enderezo: Progreso, 29.

Concello: Ribadavia.

Establecemento: Café Bar Cuatro Caminos.

Titular: Pérez Varela, José Carlos.

Enderezo: Río Camba, 27.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Cervecería El Molino.

Titular: Iglesias Martínez, Marta.

Enderezo: Río Arnoia, 12.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Parque.

Titular: Caderno Baranda, Miguel.

Enderezo: Circunvalación, 3.

Concello: O Carballiño.

Establecemento: Café Bar Royal.

Titular: Rodríguez Pérez, Mª Alsira.

Enderezo: Jesús Soria, 20.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar O Colmadito.

Titular: Lugo García, Clyo Michelle.

Enderezo: Jesús Soria, 20.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Moderno 1918.

Titular: Bouzas Fidalgo, Delimira.

Enderezo: Progreso, 49.

Concello: Ribadavia.