Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de abril de 2018, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no procedemento para a imposición dunha multa coercitiva ditada no expediente sancionador en materia de estradas de clave 190/08.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica, no expediente sancionador en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia), logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a persoa destinataria ou porque, unha vez intentada, non se puido efectuar a notificación.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, as persoas interesadas devanditas disporán dun prazo de diez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren na sede deste servizo da Delegación Provincial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 27 de abril de 2018

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Precepto infrinxido

Estrada

190/08

Pilar Fernández Barreiro

Multa coercitiva

43.3.a)

PO-344, Forcadela-Couso