Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 5 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Saúde Pública, polo que se notifica un acto administrativo relativo ao expediente sancionador 2018058TA-PO por infracción en materia sanitaria.

Intentada a notificación segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio do presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 de dita lei, notifícaselle a Manuel Sebastián Agra Tato o contido do acto administrativo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2018

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2018058TA-PO.

Interesado: Manuel Sebastián Agra Tato (Café Bar Los Sauces).

Documento de identificación: 36014750Q.

Último enderezo coñecido: praza Eugenio Fadrique, 5, 36208 Vigo.

Acto que se notifica: carta de pagamento polo importe de trescentos sesenta euros con sesenta céntimos (360,60 €), unha vez aplicada a redución do 40 %.