Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2018 Páx. 26010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de San Vicente e Santa María de Vigo (Carral-Cambre-A Coruña), para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración San Vicente e Santa María de Vigo (Carral-Cambre-A Coruña) que figuran no anexo, para ser notificados por comparecencia de trámites de audiencia.

Así mesmo, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 11 de maio de 2018

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: trámite de audiencia.

Interesados:

Aguiar Vázquez, Josefa

Bello Gómez, Mª Carmen

Couto Castelo, José

De Toro Santos, Antonio

Gesto Charlón, José Mª

Iglesias, José

Pérez Cacheiro, Susana