Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2018 Páx. 26000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo mediante procedemento aberto, con tramitación ordinaria, para contratar o servizo de xestión e explotación da cafetaría do centro sociocomunitario da Coruña (expediente 69/2017).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 69/2017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=259293

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de xestión e explotación da cafetaría do centro sociocomunitario da Coruña.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 37, do 21 de febreiro de 2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Canon de licitación:

Canon mínimo: mil douscentos euros (1.200,00 €) anuais.

5. Formalización:

a) Data: 26 de abril de 2018.

b) Contratista: Hostelcoufer, S.C.

c) Nacionalidade: española.

d) Canon de adxudicación:

Canon ofertado: mil oitocentos euros (1.800,00 €) anuais.

A Coruña, 4 de maio de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Mª Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña