A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 30 de abril de 2018, aprobou por delegación da Alcaldía (Decreto do 18 de xuño de 2015) a oferta de emprego público de 2018 do Concello de Monforte de Lemos, de acordo coa normativa para o efecto.
Segundo o disposto no artigo 128 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e no artigo 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, publícase a oferta de emprego público do exercicio de 2018, constituída pola seguinte praza:
Persoal funcionario:
Escala de Administración especial. Subescala de servizos especiais. Clase: policía local e auxiliares.
Corpo |
Escala |
Categoría |
Vacantes |
Grupo |
Policía local |
Básica |
Policía |
1 |
C1 |
Monforte de Lemos, 30 de abril de 2018
José Tomé Roca
Alcalde