De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril) (en diante LOU), no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, polo que se establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios (en diante RDAN), e no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo cal se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (en diante RDCA), e a teor do establecido nos Estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), da Xunta de Galicia (en diante EUDC), en execución da oferta de emprego público (OEP) de persoal docente e investigador para o ano 2018, aprobada pola Resolución do 21 de marzo de 2018 (DOG do 2 de abril de 2018),
Esta reitoría, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 36 dos EUDC, resolveu convocar concurso de acceso, polo sistema de promoción interna, das prazas de catedrático de universidade que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases.
Bases da convocatoria
1. Normas xerais.
1.1. Este concurso rexerase pola LOU, o RDAN, o RDCA, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os EUDC, a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios, aprobada polo Consello de Goberno o 10 de decembro de 2008, e naquilo que non estivese previsto pola lexislación xeral da función pública do Estado.
1.2. Os concursos de acceso terán un procedemento independente para cada praza ou prazas convocadas.
1.3. O cómputo dos prazos establecidos nesta convocatoria axustarase ao disposto no artigo 3 da normativa desta universidade pola cal se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios.
Para o cómputo dos prazos o mes de agosto será inhábil para todos os efectos.
2. Requisitos das persoas candidatas.
2.1. Requisitos xerais.
Para ser admitidos/as na realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:
a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles Estados aos cales, en virtude de tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.
Tamén poderá participar o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estiveren separados de dereito, e os seus descendentes sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así estea previsto nos tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España.
Igualmente, poderán participar as persoas aspirantes de nacionalidade estranxeira non comunitaria cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.
b) Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. As persoas aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar que non foron sometidas a ningunha sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza.
2.2. Requisitos específicos.
De conformidade co disposto no punto 2º do artigo 62 da LOU, na redacción dada pola disposición derradeira segunda do Real decreto lei 10/2015, do 11 de setembro, poderanse presentar aos concursos das prazas comprendidas na presente convocatoria os/as funcionarios/as de carreira do corpo de profesores/as titulares de universidade, catedráticos/as de escola universitaria ou da escala de investigadores/as científicos/as dos organismos públicos de investigación que prestasen, como mínimo, dous anos de servizos efectivos baixo dita condición.
Os/as funcionarios/as que participen neses concursos deberán estar acreditados/as para o corpo docente de catedráticos/as de universidade.
Considérase que posúe a acreditación regulada no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, o profesorado habilitado conforme o establecido no Real decreto 774/2002, do 26 de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación nacional para o acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso respectivos.
Os requisitos establecidos nas presentes bases deberanse cumprir no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión.
3. Solicitudes.
3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo III a esta convocatoria e serán dirixidas ao reitor da Universidade da Coruña no prazo de quince días, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria do Boletín Oficial del Estado. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015.
3.2. As solicitudes serán presentadas no Rexistro Xeral (Reitoría, rúa da Maestranza 9, A Coruña) ou nos rexistros auxiliares da Universidade da Coruña (Campus de Elviña e de Ferrol), ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro de 2015). As solicitudes que se presentaren por medio das oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto para que o persoal de Correos poida estampar nelas o selo de datas antes da súa certificación. As solicitudes que se fagan no estranxeiro poderanse cursar por medio das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.
Os dereitos de exame serán de 41,56 euros e ingresaranse na conta corrente ES76 0049-5030-15-2516011262, concursos-oposicións, no Banco Santander Central Hispano da Coruña. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da dita entidade ou mediante transferencia bancaria onde deberá constar obrigatoriamente o nome e apelidos da persoa interesada e a referencia da praza á cal concursa. En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.
3.3. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos e será causa de exclusión a falta dalgún deles:
a) Fotocopia do documento nacional de identidade. As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado con que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.
b) Copia compulsada dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na base 2.2.
c) Xustificante orixinal do pagamento dos dereitos de exame.
Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame as persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 %. Tamén estarán exentas do pagamento as persoas que sexan membros de familia numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, e presentarase copia orixinal ou compulsada da cualificación da discapacidade ou do documento acreditativo de familia numerosa, segundo corresponda.
Así mesmo, terán unha bonificación do 50 % da taxa as persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación da presente convocatoria e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, aspectos que deberán ser certificados pola oficina dos servizos públicos de emprego.
3.4. Os erros de feito que se puidesen advertir poderanse emendar en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fixesen constar nas súas solicitudes e unicamente poderán demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1 para presentar as solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevinda, xustificada e discrecionalmente apreciada pola Universidade.
4. Admisión dos/das aspirantes.
4.1. Unha vez que remate o prazo de presentación de solicitudes, o vicerreitor de Profesorado da Universidade da Coruña ditará unha resolución que aprobe a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro electrónico oficial da Universidade da Coruña (https://sede.udc.gal/services/electronic_board) e a título divulgativo no enderezo da internet: http://www.udc.es/persoal/ga/pdi/concursos/funcionarios.asp.
4.2. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Unha vez resoltas as ditas reclamacións publicarase nos mesmos lugares a relación definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as.
4.3. De acordo co previsto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, estas publicacións producirán os mesmos efectos da notificación persoal ás persoas interesadas.
5. Comisión de Acceso.
5.1. De acordo co que establece o artigo 81 dos EUDC, a composición da Comisión é a que figura no anexo II desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo. Salvo petición noutro sentido e autorizada, terá a súa sede e actuará no centro a que se adscriba a praza convocada.
Conforme o establecido no artigo 6.4 do Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, os currículos dos membros das comisións de acceso serán públicos e poderán ser consultados no Servizo de Persoal Docente e Investigador.
5.2. O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada polo reitor. Os membros da Comisión deberán absterse de actuar e as persoas interesadas poderán recusalos nos casos e polos motivos regulados na Lei 39/2015. Unha vez resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, os afectados serán substituídos polos seus respectivos suplentes, na súa falla, por orde correlativa; nos demais casos resolverá o reitor.
5.3. A Comisión deberase constituír no prazo máximo de tres meses desde o día seguinte á data de publicación no BOE da correspondente convocatoria. Transcorrido o dito prazo sen que se constituíse, o reitor procederá a substituír o/a presidente/a titular.
5.4. Dentro de devandito prazo, o/a presidente/a, despois de consultar cos restantes membros, ditará unha resolución que se notificará a todas as persoas interesadas cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o cal se lles cita, onde convocará:
a) Todos os membros titulares da Comisión e, de ser o caso, os suplentes, para efectuar o acto de constitución daquela e fixar a continuación e facer públicos os criterios específicos de selección. Na citación indicarase o día, hora e lugar para o acto de constitución.
b) Todos os/as aspirantes admitidos/as a participar no concurso para realizar o acto de presentación de concursantes, con indicación do día, lugar e hora para realizar o acto; para estes efectos, o prazo entre a data prevista para o acto de constitución da Comisión de Acceso e a data sinalada para o acto de presentación non poderá exceder os dous días hábiles.
5.5. A constitución da Comisión exixirá a asistencia da totalidade dos seus membros. Os membros titulares que non concorresen a este acto cesarán e serán substituídos polos seus respectivos suplentes. Unha vez constituída a Comisión, no caso de ausencia do seu presidente, será substituído polo vogal de maior categoría e antigüidade. O secretario será substituído, de ser o caso, polo/a vogal de menor categoría e antigüidade.
5.6. Para que a Comisión poida actuar validamente requirirase a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros, entre os cales figurarán obrigatoriamente o/a presidente/a e o/a secretario/a. Os membros da Comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen incorrer.
Se unha vez comezada a primeira proba a Comisión quedase con menos de tres membros, nomearase unha nova comisión polo procedemento establecido no artigo 9 da normativa que regula os concursos e non poderán formar parte dela os membros da primeira que cesasen nesta condición.
5.7. No acto de constitución a Comisión establecerá e fará públicos, antes do acto de presentación, os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza.
5.8. Durante o desenvolvemento do concurso, a Comisión resolverá as dúbidas que poidan xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento, a súa actuación axustarase ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.
6. Acto de presentación.
6.1. O acto de presentación será público e no transcurso deste as persoas candidatas entregaranlle ao/á presidente/a da Comisión de Acceso, por quintuplicado, a seguinte documentación:
a) O curriculum vitae, no cal se detallará o seu historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial, xunto cun exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos dos seus méritos. O curriculum vitae deberase axustar ao modelo que se achega como anexo IV.
b) Proxecto docente e investigador que a persoa candidata se propón desenvolver de lle ser adxudicada a praza a que concursa. O dito proxecto axustarase, de fixarse na convocatoria, ás especificacións establecidas.
6.2. No acto de presentación os/as concursantes recibirán cantas instrucións sobre a realización das probas lles deban ser comunicadas. Así mesmo, determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación dos/das concursantes e fixarase o lugar, data e hora de inicio das probas.
6.3. O secretario da Comisión de Acceso garantirá que a documentación que entreguen os concursantes poida ser consultada antes do inicio das probas polos candidatos.
7. Realización das probas.
7.1. Os concursos de acceso constarán das probas e axustaranse ao procedemento que establece o artigo 12 da normativa aprobada polo Acordo do Consello de Goberno do 10 de decembro de 2008 pola que se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios na Universidade da Coruña.
7.2. As probas serán públicas e cada unha delas será eliminatoria.
7.3. Finalizada cada proba, cada membro da Comisión entregaralle ao/á presidente/a un informe razoado, axustado aos criterios previamente fixados, de cada unha das persoas concursantes, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.
7.4. Para superar a proba é necesario obter, cando menos, tres votos favorables dos membros da Comisión de Acceso.
7.5. A proposta de provisión de prazas realizarase con base nos votos favorables recibidos dos membros da Comisión. No caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto do/a presidente/a.
8. Proposta.
8.1. Nun prazo máximo de cinco días desde o seguinte a finalizaren as probas, publicarase no taboleiro de anuncios do centro en que actúe a Comisión de Acceso a proposta motivada e vinculante de nomeamento para prover a praza, con expresión de todas as persoas candidatas propostas por orde de preferencia. Contra a dita proposta os/as concursantes poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días.
8.2. Unha vez que se publique, o/a presidente/a da Comisión de Acceso ou, de ser o caso, o/a secretario/a entregarán a proposta na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña xunto coas actas e cos informes que compoñen o expediente, un exemplar da documentación achegado por cada candidato coa xustificación documental correspondente e a certificación do/a secretario/a da Comisión en que se faga constar a data de publicación no taboleiro do centro.
8.3. Tras finalizar o procedemento, a documentación das persoas concursantes quedará á súa disposición na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña, onde deberán retirala. No entanto, no caso de interposición de recurso non se poderá retirar ata que a resolución impugnada sexa firme, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan realizar copia da documentación para outros efectos.
8.4 Transcorridos seis meses desde a finalización do procedemento ou, no caso de haber recurso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza, a documentación que non fose retirada será destruída.
9. Presentación de documentos e nomeamento.
9.1. A persoa candidata proposta en primeiro lugar deberá presentar no prazo de vinte días contados desde o seguinte á publicación da proposta, nos lugares e conforme o procedemento previsto na base 3.2, os seguintes documentos:
a) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado/a de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin encontrarse inhabilitado/a para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.
Os/as concursantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan, no seu Estado, o acceso á función pública segundo o establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 24 de decembro).
b) Certificado médico oficial de non padecer ningunha enfermidade nin defecto físico o psíquico que o/a incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.
c) Declaración xurada ou promesa de no incorrer en incompatibilidade segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (BOE do 4 de xaneiro de 1985).
Aquelas persoas que teñan a condición de funcionarias públicas de carreira estarán exentas de xustificar e presentar os documentos indicados nas alíneas a) e b); deberán presentar, no caso de procederen doutra Administración, unha certificación da universidade ou organismo de que dependan que acredite a súa condición de funcionarios/as e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos.
9.2. O reitor da Universidade da Coruña efectuará o nomeamento como funcionario/a docente de carreira do/da candidato/a proposto/a pola Comisión que especificará a denominación da praza: corpo e área de coñecemento. Comunicaráselle ao correspondente rexistro para os efectos de outorgamento de número do rexistro de persoal e inscrición nos corpos respectivos, remitirase para a súa publicación ao Boletín Oficial del Estado e ao Diario Oficial de Galicia e comunicaráselle á Secretaría Xeral do Consello de Universidades.
9.3. No prazo máximo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o/a candidato/a proposto/a deberá tomar posesión do seu destino, momento en que adquirirá a condición de funcionario/a docente universitario de carreira do corpo de que se trate.
10. Comisión de Reclamacións.
10.1. Contra as propostas das comisións dos concursos de acceso as persoas concursantes poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días. Admitida a trámite a reclamación, suspenderanse os nomeamentos ata a súa resolución. A reclamación será valorada por unha comisión composta por sete catedráticos e/ou catedráticas de universidade pertencentes a diversos ámbitos do coñecemento, designados polo Claustro da Universidade, con ampla experiencia docente e investigadora.
10.2. A Comisión de Reclamacións oirá os membros da Comisión contra cuxa proposta se presentase a reclamación e as persoas candidatas que participasen no concurso.
10.3. Esta comisión examinará o expediente relativo ao concurso para velar polas garantías establecidas e ratificará ou non a proposta reclamada no prazo máximo de tres meses, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da Comisión. O transcurso do prazo establecido sen resolver entenderase como rexeitamento da reclamación presentada.
10.4. As resolucións do reitor a que se refire o número anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
11. Norma derradeira.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 10 de maio de 2018
Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña
ANEXO I
Praza núm. 18/008. Número de prazas: 1.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Departamento: Enxeñaría Naval e Industrial.
Área de coñecemento: Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica.
Actividade docente e investigadora: 4495003 Propiedades termomecánicas de materiais. Métodos fundamentais; 4495004 Propiedades termomecánicas de materiais. Métodos avanzados.
Centro: Escola Politécnica Superior.
Praza núm. 18/009. Número de prazas: 1.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Departamento: Economía.
Área de coñecemento: Economía Aplicada.
Actividade docente e investigadora: 611G01006 Estatística I; 611G02006 Estatística I; 650G01009 Estatística I; 611G02014 Estatística e introdución á econometría; 611G01019 Métodos estatísticos e introdución á econometría; 611G02019 Econometría; 650G01018 Estatística II; 611G01014 Estatística II; 650G01024 Introdución á econometría; 611G01022 Econometría I; 611G01027 Econometría II.
Centro: Facultade de Economía e Empresa.
Praza núm. 18/010. Número de prazas: 1.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Departamento: Computación.
Área de coñecemento: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial.
Actividade docente e investigadora: 614G01020 Sistemas intelixentes; 44442204 Hidráulica experimental I.
Centro: Facultade de Informática.
Praza núm. 18/011. Número de prazas: 1.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Departamento: Computación.
Área de coñecemento: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial.
Actividade docente e investigadora: 614G01016 Sistemas operativos.
Centro: Facultade de Informática.
Praza núm. 18/012. Número de prazas: 1.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Departamento: Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña.
Área de coñecemento: Astronomía e Astrofísica.
Actividade docente: 631G01302 Meteoroloxía e oceanografía.
Actividade investigadora: Minaría de datos en astronomía.
Centro: ETS de Náutica e Máquinas.
Praza núm. 18/013. Número de prazas: 1.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Departamento: Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña.
Área de coñecemento: Máquinas e Motores Térmicos.
Actividade docente e investigadora: 631G02453 Técnicas enerxéticas aplicadas ao buque; 631G01204 Sistemas enerxéticos e auxiliares do buque.
Centro: ETS de Náutica e Máquinas.
Praza núm. 18/014. Número de prazas: 1.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Departamento: Psicoloxía.
Área de coñecemento: Psicobioloxía.
Actividade docente e investigadora: 652G04013 Alteracións de base conxénita.
Centro: Facultade de Ciencias da Educación.
Praza núm. 18/015. Número de prazas: 1.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Departamento: Matemáticas.
Área de coñecemento: Estatística e Investigación Operativa.
Actividade docente e investigadora: 493021 Control estatístico da calidade; 710G02018 Estatística.
Centro: Escola Politécnica Superior.
Praza núm. 18/016. Número de prazas: 1.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Departamento: Matemáticas.
Área de coñecemento: Estatística e Investigación Operativa.
Actividade docente e investigadora: 614G01008 Estatística.
Centro: Facultade de Informática.
Praza núm. 18/017. Número de prazas: 1.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Departamento: Dereito Público.
Área de coñecemento: Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
Actividade docente e investigadora: 612G01023 Dereito do traballo; 612G01037 Dereito da Seguridade Social; 4447309 Dereito comunitario e comparado do traballo e da Seguridade Social.
Centro: Facultade de Dereito.
Praza núm. 18/018. Número de prazas: 1.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Departamento: Pedagoxía e Didáctica.
Área de coñecemento: Didáctica das Ciencias Experimentais.
Actividade docente: 652G02021 Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza II.
Actividade investigadora: Ensino e aprendizaxe das Ciencias da Natureza. Formación inicial de mestres.
Centro: Facultade de Ciencias da Educación.
Praza núm. 18/019. Número de prazas: 1.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Departamento: Pedagoxía e Didáctica.
Área de coñecemento: Didáctica das Ciencias Experimentais.
Actividade docente: 652G02020 Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza I.
Actividade investigadora: Ensino e aprendizaxe das Ciencias da Natureza. Formación inicial de mestres.
Centro: Facultade de Ciencias da Educación.
Praza núm. 18/020. Número de prazas: 1.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Departamento: Física e Ciencias da Terra.
Área de coñecemento: Física Aplicada.
Actividade docente e investigadora: 610G02005 Física.
Centro: Facultade de Ciencias.
Praza núm. 18/021. Número de prazas: 1.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Departamento: Enxeñaría Naval e Industrial.
Área de coñecemento: Mecánica de Fluídos.
Actividade docente e investigadora: 730G03018 Mecánica de fluídos; 730G030231 Máquinas térmicas e hidráulicas.
Centro: Escola Politécnica Superior.
Praza núm. 18/022. Número de prazas: 1.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Departamento: Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia.
Área de coñecemento: Medicina.
Actividade docente e investigadora: 653G01309 Xeriatría; 491001 Valoración e intervención en Xerontoloxía.
Centro: Facultade de Ciencias da Saúde.
ANEXO II
Praza núm. 18/008.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica.
Comisión titular |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Torralba Castelló, José Manuel |
CU |
Universidade Carlos III de Madrid |
Secretario: |
Fernández Sánchez, Paloma |
CU |
Universidade Complutense de Madrid |
Vogal 1º: |
Gómez de Salazar Caso de los Cobos, José María |
CU |
Universidade Complutense de Madrid |
Vogal 2º: |
Salvador Moya, María Dolores |
CU |
Universidade Politécnica de Valencia |
Vogal 3º: |
Sánchez Nacher, Lourdes |
CU |
Universidade Politécnica de Valencia |
Comisión suplente |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Pastor Caño, José Ignacio |
CU |
Universidade Politécnica de Madrid |
Secretario: |
Bermúdez Olivares, María Dolores |
CU |
Universidade Politécnica de Cartagena |
Vogal 1º: |
Pérez Trujillo, Francisco Javier |
CU |
Universidade Complutense de Madrid |
Vogal 2º: |
Bianchi Méndez Martín, María |
CU |
Universidade Complutense de Madrid |
Vogal 3º: |
Amigó Borrás, Vicente |
CU |
Universidade Politécnica de Valencia |
Praza núm. 18/009.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Economía Aplicada.
Comisión titular |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Tamarit Escalona, Cecilio |
CU |
Universidade de Valencia |
Secretario: |
Cancelo de la Torre, José Ramón |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 1º: |
González López-Valcárcel, Beatriz |
CU |
Universidade de Las Palmas de Gran Canaria |
Vogal 2º: |
Camarero Olivas, María Amparo |
CU |
Universidade Jaume I |
Vogal 3º: |
Río Otero, Coral del |
CU |
Universidade de Vigo |
Comisión suplente |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Carrión-i-Silvestre, Josep Lluis |
CU |
Universidade de Barcelona |
Secretario: |
González Laxe, Fernando Ignacio |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 1º: |
Alonso Villar, Olga |
CU |
Universidade de Vigo |
Vogal 2º: |
Gadea Rivas, María Dolores |
CU |
Universidade de Zaragoza |
Vogal 3º: |
Garza Gil, María Dolores |
CU |
Universidade de Vigo |
Praza núm. 18/010.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial.
Comisión titular |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Pazos Sierra, Alejandro |
CU |
Universidade da Coruña |
Secretario: |
Dorado de la Calle, Julián |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 1º: |
Arcay Varela, Bernardino |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 2º: |
Alonso Betanzos, Amparo |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 3º: |
Taboada Iglesias, María Jesús |
CU |
Universidade de Santiago de Compostela |
Comisión suplente |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Moret Bonillo, Vicente |
CU |
Universidade da Coruña |
Secretario: |
Duro Fernández, Richard José |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 1º: |
Barreiro García, Álvaro |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 2º: |
Rodríguez Vela, María del Camino |
CU |
Universidade de Oviedo |
Vogal 3º: |
Luque Ruiz, Irene |
CU |
Universidade de Córdoba |
Praza núm. 18/011.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial.
Comisión titular |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Alonso Betanzos, Amparo |
CU |
Universidade da Coruña |
Secretario: |
Duro Fernández, Richard José |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 1º: |
Barreiro García, Álvaro |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 2º: |
Rodríguez Vela, María del Camino |
CU |
Universidade de Oviedo |
Vogal 3º: |
Bugarín Diz, Alberto |
CU |
Universidade de Santiago de Compostela |
Comisión suplente |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Luque Ruiz, Irene |
CU |
Universidade de Córdoba |
Secretario: |
Dorado de la Calle, Julián |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 1º: |
Arcay Varela, Bernardino |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 2º: |
Taboada Iglesias, María Jesús |
CU |
Universidade de Santiago de Compostela |
Vogal 3º: |
Pazos Sierra, Alejandro |
CU |
Universidade da Coruña |
Praza núm. 18/012.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Astronomía e Astrofísica.
Comisión titular |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Domínguez Aguilera, Inmaculada |
CU |
Universidade de Granada |
Secretario: |
Mediavilla Gradolph, Evencio |
CU |
Universidade de La Laguna |
Vogal 1º: |
González Serrano, José Ignacio |
CU |
Universidade de Cantabria |
Vogal 2º: |
Gómez de Castro, Ana Inés |
CU |
Universidade Complutense de Madrid |
Vogal 3º: |
Garzón López, Francisco |
CU |
Universidade de La Laguna |
Comisión suplente |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Díaz Beltrán, Ángeles Isabel |
CU |
Universidade Autónoma de Madrid |
Secretario: |
Abia Ladrón de Guevara, Carlos |
CU |
Universidade de Granada |
Vogal 1º: |
Gorgas García, Francisco Javier |
CU |
Universidade Complutense de Madrid |
Vogal 2º: |
Castro Rubio, Elisa de |
CU |
Universidade Complutense de Madrid |
Vogal 3º: |
Herrero Davó, Artemio |
CU |
Universidade de La Laguna |
Praza núm. 18/013.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Máquinas e Motores Térmicos.
Comisión titular |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
López González, Luis María |
CU |
Universidade de La Rioja |
Secretario: |
Míguez Tabarés, José Luis |
CU |
Universidade de Vigo |
Vogal 1º: |
Sala Lizarraga, José María Pedro |
CU |
Universidade do País Vasco |
Vogal 2º: |
Zueco Jordán, Joaquín |
CU |
Universidade Politécnica de Cartagena |
Vogal 3º: |
Martín González, María del Carmen |
CU |
Universidade de Valladolid |
Comisión suplente |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Villamañán Olfos, Miguel Ángel |
CU |
Universidade de Valladolid |
Secretario: |
Hernández Adrover, Juan José |
CU |
Universidade de Castilla-La Mancha |
Vogal 1º: |
Armas Vergel, Octavio |
CU |
Universidade de Castilla-La Mancha |
Vogal 2º: |
Segovia Puras, José Juan |
CU |
Universidade de Valladolid |
Vogal 3º: |
Dorado Pérez, María del Pilar |
CU |
Universidade de Córdoba |
Praza núm. 18/014.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Psicobioloxía.
Comisión titular |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Arias Pérez, Jorge |
CU |
Universidade de Oviedo |
Secretario: |
Pásaro Méndez, Eduardo José |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 1º: |
Perea Bartolomé, María Victoria |
CU |
Universidade de Salamanca |
Vogal 2º: |
Gallo Torre, Milagros |
CU |
Universidade de Granada |
Vogal 3º: |
Salas García, Cosme |
CU |
Universidade de Sevilla |
Comisión suplente |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Martínez Selva, José María |
CU |
Universidade de Murcia |
Secretario: |
Iglesias Dorado, Jaime |
CU |
Universidade Autónoma de Madrid |
Vogal 1º: |
Salvador Fernández-Montejo, Alicia |
CU |
Universidade de Valencia |
Vogal 2º: |
Collado Guirao, Paloma |
CU |
Universidade Nacional de Educación a Distancia |
Vogal 3º: |
Sánchez Santed, Fernando |
CU |
Universidade de Almería |
Praza núm. 18/015.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Estatística e Investigación Operativa.
Comisión titular |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Vilar Fernández, Juan Manuel |
CU |
Universidade da Coruña |
Secretario: |
Cao Abad, Ricardo |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 1º: |
García Jurado, Ignacio |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 2º: |
Cadarso Suárez, Carmen |
CU |
Universidade de Santiago de Compostela |
Vogal 3º: |
Ugarte Martínez, María Dolores |
CU |
Universidade Pública de Navarra |
Comisión suplente |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
González Manteiga, Wenceslao |
CU |
Universidade de Santiago de Compostela |
Secretario: |
Febrero Bande, Manuel |
CU |
Universidade de Santiago de Compostela |
Vogal 1º: |
Vaamonde Liste, Antonio |
CU |
Universidade de Vigo |
Vogal 2º: |
Aguilera del Pino, Ana María |
CU |
Universidade de Granada |
Vogal 3º: |
Fernández Militino, Ana |
CU |
Universidade Pública de Navarra |
Praza núm. 18/016.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Estatística e Investigación Operativa.
Comisión titular |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Vilar Fernández, Juan Manuel |
CU |
Universidade da Coruña |
Secretario: |
Cao Abad, Ricardo |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 1º: |
García Jurado, Ignacio |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 2º: |
Cadarso Suárez, Carmen María |
CU |
Universidade de Santiago de Compostela |
Vogal 3º: |
Ugarte Martínez, María Dolores |
CU |
Universidade Pública de Navarra |
Comisión suplente |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
González Manteiga, Wenceslao |
CU |
Universidade de Santiago de Compostela |
Secretario: |
Febrero Bande, Manuel |
CU |
Universidade de Santiago de Compostela |
Vogal 1º: |
Vaamonde Liste, Antonio |
CU |
Universidade de Vigo |
Vogal 2º: |
Aguilera del Pino, Ana María |
CU |
Universidade de Granada |
Vogal 3º: |
Fernández Militino, Ana |
CU |
Universidade Pública de Navarra |
Praza núm. 18/017.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
Comisión titular |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Casas Baamonde, María Emilia |
CU |
Universidade Complutense de Madrid |
Secretario: |
Martínez Girón, Jesús Federico |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 1º: |
Gárate Castro, Francisco Javier |
CU |
Universidade de Santiago de Compostela |
Vogal 2º: |
Rodríguez Escanciano, Susana |
CU |
Universidade de León |
Vogal 3º: |
Martínez Barroso, María de los Reyes |
CU |
Universidade de León |
Comisión suplente |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Sánchez-Rodas Navarro, Cristina |
CU |
Universidade de Sevilla |
Secretario: |
García Murcia, Joaquín |
CU |
Universidade Complutense de Madrid |
Vogal 1º: |
Tortuero Plaza, José Luis |
CU |
Universidade Complutense de Madrid |
Vogal 2º: |
Vicente Palacio, Arántzazu |
CU |
Universidade Jaime I |
Vogal 3º: |
García Viña, Jordi |
CU |
Universidade de Barcelona |
Praza núm. 18/018.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Didáctica das Ciencias Experimentais.
Comisión titular |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Perales Palacios, Francisco Javier |
CU |
Universidade de Granada |
Secretario: |
Rivero García, Ana |
CU |
Universidade de Sevilla |
Vogal 1º: |
Pro Bueno, Antonio de |
CU |
Universidade de Murcia |
Vogal 2º: |
Mellado Jiménez, Vicente |
CU |
Universidade de Extremadura |
Vogal 3º: |
Martínez Aznar, María Mercedes |
CU |
Universidade Complutense de Madrid |
Comisión suplente |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Geli de Ciurana, Ana María |
CU |
Universidade de Girona |
Secretario: |
Charro Huerga, María Elena |
CU |
Universidade de Valladolid |
Vogal 1º: |
Banet Hernández, Enrique |
CU |
Universidade de Murcia |
Vogal 2º: |
Porlán Ariza, Rafael |
CU |
Universidade de Sevilla |
Vogal 3º: |
Prieto Ruz, María Teresa |
CU |
Universidade de Málaga |
Praza núm. 18/019.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Didáctica das Ciencias Experimentais.
Comisión titular |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Mellado Jiménez, Vicente |
CU |
Universidade de Extremadura |
Secretario: |
Martínez Aznar, María Mercedes |
CU |
Universidade Complutense de Madrid |
Vogal 1º: |
Perales Palacios, Francisco Javier |
CU |
Universidade de Granada |
Vogal 2º: |
Pro Bueno, Antonio de |
CU |
Universidade de Murcia |
Vogal 3º: |
Rivero García, Ana |
CU |
Universidade de Sevilla |
Comisión suplente |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Banet Hernández, Enrique |
CU |
Universidade de Murcia |
Secretario: |
Charro Huerga, María Elena |
CU |
Universidade de Valladolid |
Vogal 1º: |
Porlán Ariza, Rafael |
CU |
Universidade de Sevilla |
Vogal 2º: |
Geli de Ciurana, Ana María |
CU |
Universidade de Girona |
Vogal 3º: |
Prieto Ruz, María Teresa |
CU |
Universidade de Málaga |
Praza núm. 18/020.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Física Aplicada.
Comisión titular |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Barral Losada, Luis Fernando |
CU |
Universidade da Coruña |
Secretario: |
Ramírez Gómez, María del Carmen |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 1º: |
Legido Soto, José Luis |
CU |
Universidade de Vigo |
Vogal 2º: |
Rodríguez Núñez, Eugenio Anselmo |
CU |
Universidade de Santiago de Compostela |
Vogal 3º: |
Fernández Pérez, Josefa |
CU |
Universidade de Santiago de Compostela |
Comisión suplente |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Cuadros Blázquez, Francisco |
CU |
Universidade de Extremadura |
Secretario: |
Pintos Barral, María de las Mercedes |
CU |
Universidade de Santiago de Compostela |
Vogal 1º: |
López Lago, Joaquín Cayetano |
CU |
Universidade da Coruña |
Vogal 2º: |
Solana Quirós, José Ramón |
CU |
Universidade de Cantabria |
Vogal 3º: |
Arroyo de Grandes, María del Pilar |
CU |
Universidade de Zaragoza |
Praza núm. 18/021.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Mecánica de Fluídos.
Comisión titular |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Hernández Rodríguez, Julio |
CU |
Universidade Nacional de Educación a Distancia |
Secretario: |
Castro Ruíz, Francisco |
CU |
Universidade de Valladolid |
Vogal 1º: |
García Navarro, Pilar |
CU |
Universidade de Zaragoza |
Vogal 2º: |
Santolaria Morros, Carlos |
CU |
Universidade de Oviedo |
Vogal 3º: |
Parrondo Gayo, Jorge Luis |
CU |
Universidade de Oviedo |
Comisión suplente |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Viedma Robles, Antonio |
CU |
Universidade Politécnica de Cartagena |
Secretario: |
Blanco Marigorta, Eduardo |
CU |
Universidade de Oviedo |
Vogal 1º: |
Higuera Antón, Francisco |
CU |
Universidade Politécnica de Madrid |
Vogal 2º: |
González Loscertales, Ignacio |
CU |
Universidade de Málaga |
Vogal 3º: |
Rodríguez Fernández, Manuel |
CU |
Universidade Politécnica de Madrid |
Praza núm. 18/022.
Corpo docente: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Medicina.
Comisión titular |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
González Quintela, Arturo |
CU |
Universidade de Santiago de Compostela |
Secretario: |
Asensi Álvarez, Víctor |
CU |
Universidade de Oviedo |
Vogal 1º: |
Peñalva Maqueda, Ángela |
CU |
Universidade de Santiago de Compostela |
Vogal 2º: |
Tor Aguilera, Jordi |
CU |
Universidade Autónoma de Barcelona |
Vogal 3º: |
Lluch Hernández, Ana María |
CU |
Universidade de Valencia |
Comisión suplente |
|||
Cargo |
Apelidos e nome |
Corpo |
Universidade |
Presidente: |
Álvarez-Sala Walther, José Luis |
CU |
Universidade Complutense de Madrid |
Secretario: |
Martí Massó, José Félix |
CU |
Universidade del País Vasco |
Vogal 1º: |
Buti Ferrer, María Asunción |
CU |
Universidade Autónoma de Barcelona |
Vogal 2º: |
Masana Marín, Luis |
CU |
Universidade Rovira i Virgili |
Vogal 3º: |
Illa Sendra, María Isabel |
CU |
Universidade Autónoma de Barcelona |
CU: Catedrático de Universidade.
ANEXO III
Solicitude de participación
DATOS DA CONVOCATORIA |
||
Número de concurso: |
Corpo docente: |
|
Área de coñecemento: |
||
Departamento: |
Centro: |
|
Actividades asignadas á praza: |
DATOS PERSOAIS E PROFESIONAIS |
||||||||||
Primeiro apelido: |
Segundo apelido: |
Nome: |
||||||||
Data de nacemento: |
Lugar de nacemento: |
Provincia de nacemento: |
NIF: |
|||||||
Domicilio/Lugar para os efectos de notificacións: |
Código postal: |
|||||||||
Municipio: |
Provincia: |
Enderezo electrónico e teléfono: |
||||||||
No caso de ser funcionario/a público de carreira: |
||||||||||
Denominación do corpo ou praza: |
Data de ingreso: |
|||||||||
Organismo: |
Número de rexistro persoal: |
|||||||||
Situación: |
||||||||||
□ Servizo activo |
□ Servizos especiais |
□ Excedente voluntario |
||||||||
□ Outras__________________________________________________________________________ |
DOCUMENTACIÓN QUE ACHEGA |
|
□ Copia do documento de identidade □ Copia compulsada do título de doutor/a □ Copia compulsada da resolución que acredite que está acreditado/habilitado para o acceso ao corpo da praza □ Folla de servizos (só para concursos pola quenda de promoción interna) □ Xustificante bancario orixinal do pagamento das taxas □ Outros (especifíquense): |
|
O/a abaixo asinante |
|
SOLICITA: |
Ser admitido/a no concurso da praza a que se fai referencia e comprométese, no caso de superalo, a formular o xuramento ou promesa de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril. |
DECLARA: |
Que son certos todos e cada un dos datos consignados nesta solicitude, que reúne as condicións exixidas na convocatoria anteriormente referida e todas as necesarias para o acceso á función pública. |
_______________________ , ____________de_________________________________ de 20___ (sinatura) |
|
REITOR DA UNIVERSIDADE DE CORUÑA |
ANEXO IV
Curriculum vitae
– Datos persoais:
Apelidos e nome.
Número do documento nacional de identidade. Lugar e data de expedición.
Nacemento (data, localidade e provincia).
Residencia (enderezo, localidade e provincia).
Teléfono e enderezo electrónico.
Categoría actual como profesor/a, centro, departamento e área de docencia actual.
Datas de resolución da acreditación ou habilitación.
– Datos académicos:
1. Títulos académicos (clase, organismo e centro de expedición, data de expedición, cualificación, se a houber).
2. Postos docentes desempeñados (categoría, organismo ou centro, réxime de dedicación, data do nomeamento ou contrato, data de cesamento ou remate).
3. Actividade docente desempeñada.
4. Actividade investigadora desempeñada.
5. Publicacións de libros e capítulos de libros (autor ou coautores, título, editor/es, editorial, data de publicación) (*).
6. Traballos científicos publicados en revistas españolas ou estranxeiras (autor ou coautores, título, revista, número de páxinas, data de publicación) (*).
7. Outras publicacións.
8. Outros traballos de investigación.
9. Proxectos de investigación subvencionados.
10. Comunicacións e relatorios presentados a congresos (título, entidade organizadora, carácter nacional ou internacional, lugar e data).
11. Patentes.
12. Cursos e seminarios impartidos (con indicación do centro, organismo, materia, actividade desenvolvida e data).
13. Cursos e seminarios recibidos (con indicación do centro ou organismo, materia e data de celebración).
14. Bolsas, axudas e premios recibidos (con posterioridade á licenciatura).
15. Actividade en empresas e profesión libre.
16. Outros méritos docentes ou de investigación.
17. Outros méritos.
18. Cargos de xestión desempeñados (cargo, centro e período).
19. Coñecemento da lingua propia da UDC.
(*) Se están pendentes de publicación, xustifíquese a aceptación por parte do consello editorial.