Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2018 Páx. 25856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 4 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental para o proxecto de ampliación dunha explotación avícola de recría, sita no lugar de Tixós, no concello de Baltar (clave 2017/0073).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 3 de maio de 2018 relativa ao proxecto de ampliación dunha explotación avícola de recría, sita no lugar de Tixós, no concello de Baltar (Ourense) promovido por Unimiño, S.C.G.

Esta declaración pódese consultar na ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático