Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2018 Páx. 25884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a formalización do servizo de limpeza de determinados centros de Atención Primaria da área da Barbanza e Ordes-Arzúa (expediente AB-EIS1-18-001).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIS1-18-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza de determinados centros de Atención Primaria da área da Barbanza e Ordes-Arzúa, pertencentes á Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) Lotes (de ser o caso): si; dous lotes.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

e) Acordo marco (se procede): –.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 18.1.2018; Boletín Oficial del Estado do 18.1.2018 e Diario Oficial de la Unión Europea do 6.1.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.334.380,14 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 580.165,28 euros. Importe total: 702.000,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 6 de abril de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 1 de maio de 2018.

c) Contratista: lote 1 Serlym Galicia, S.L. e lote 2 Itma, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: lote 1, 289.250,00 € e lote 2, 220.876,68 €. Importe total: lote 1, 349.882,50 € e lote 2, 267.260,78 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxase a resolución no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2018

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela