Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25688

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle (expediente 28/2017.PED).

Mediante a Resolución da Alcaldía 748/2018, do 22 de marzo de 2018, aprobouse inicialmente o expediente 28/2017.PED de estudo de detalle do extremo nordés do cuarteirón entre as rúas Caracas e Barcelona, no núcleo de Meicende, asinado polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada e Beatriz Aneiros Filgueira en outubro de 2017 e tramitado por instancia de Construcciones y Promociones Riazor, S.A.

En virtude do disposto polos artigos 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 194.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, o expediente de referencia queda sometido a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a presente publicación no Diario Oficial de Galicia. Con carácter previo publicarase o presente nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Durante o dito prazo poderase examinar o contido do estudo de detalle no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como no seguinte enderezo electrónico:

https://sede.arteixo.org/gl/informacion/verificacion_documentos/ introducindo o seguinte código de verificación do documento (CVD): KAHHhztZoaECAnDbXo8W.

Así mesmo, resolveuse a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición nas parcelas catastrais 5197101NH4959S e 5197102NH4959S.

Arteixo, 26 de abril de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto nº 1336, do 6.7.2015)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente