Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica un trámite de audiencia como consecuencia dunha solicitude de caducidade da concesión de ocupación no monte San Roque e Roláns, da Comunidade de Montes Veciñais de Santa María de Fóra, no concello de Baiona.

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, e non sendo posible a súa práctica, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas oficinas do Servizo de Montes, no 2º andar do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra; avenida de María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data da súa finalización.

Pontevedra, 8 de maio de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Denominación: caducidade da concesión de ocupación no monte San Roque e Roláns da Comunidade de Montes Veciñais de Santa María de Fóra, no concello de Baiona.

Acto que se notifica: trámite de audiencia.

Nome

Domicilio fiscal

Código postal

Concello

Hotel Rompeolas

Avenida Joselín, 8

36300

Baiona