Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Currás, do concello de Tomiño.

Unha vez recibido informe favorable sobre a proposta de deslindamento cos predios pertencentes a María del Pilar Diz Fernández, Isabel Visitación Javier Terrón, Blanca Roura Javier, Manuel Vázquez Domínguez e Daniel Castiñeira Pérez, presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Currás do concello de Tomiño, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar para a exposición do plano e demais documentación do monte a Casa Social da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Currás, O Tapel-Currás, 12, 36791 Tomiño.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os lindeiros que desexen comparecer, para presentaren alegacións e os títulos que acrediten a propiedade.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 8 de maio de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra