Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25403

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2018 pola que se dispón o nomeamento de membros do Consello do Turismo de Galicia.

O Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia (DOG núm. 135, do 16 de xullo), recolle, no artigo 3, a composición e réxime de elección dos/das seus/súas membros e no artigo 5 o nomeamento destes/as pola persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo, por proposta das diferentes organizacións e entidades representadas. O parágrafo 2 do citado artigo establece que se algún/algunha membro perde a condición de representatividade pola organización que o elixiu, esta deberá comunicar, á Administración turística autonómica no prazo máximo dun mes, o/a novo/a vogal proposto/a para a súa representación.

Mediante Resolución da directora da Axencia Turismo de Galicia, do 20 de marzo, foron nomeados os membros do Consello do Turismo de Galicia (DOG núm. 60, do 27 de marzo de 2017). Unha vez nomeados, a organización sindical CC.OO. realizou unha proposta de modificación dos membros propostos inicialmente.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Cesar como membro titular do Consello do Turismo de Galicia a Jorge Carneiro Penedo en representación de CC.OO.

Segundo. Nomear como membro titular do Consello do Turismo de Galicia a José Francisco Mirás Pérez en representación de CC.OO.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia