Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 2 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018058TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2018058TA-CO incoado London, S.C.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 2 de maio de 2018

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: 2018058TA-CO.

Interesada: London, S.C. (Pub London).

DNI/NIF/CIF: J70476387.

Último enderezo coñecido: O Rego do Muíño, 30 baixo, 15320 As Pontes de García Rodríguez.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.