Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25310

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (766/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 766/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Carlos González Pérez contra Aparcamiento Labacolla, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por José Carlos González Pérez contra Aparcamiento Labacolla, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola mercantil demandada con efectos do 12 de setembro de 2017 e debo condenar e condeno a Aparcamiento Labacolla, S.L. a que readmita inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza, a razón de 40,10 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 4.521,28 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. Debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 1.432,95 euros brutos polos conceptos e coa desagregación efectuada no feito probado sexto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LEC a partir da presente resolución.

3. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Aparcamiento Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza