Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 17 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican requirimentos de emenda de solicitudes efectuados no procedemento BS210A (expediente VI-000062969 e un máis).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícase ás persoas que se sinalan no dito anexo, ou a os seus representantes, os requirimentos que se indican.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas na praza da Estrela, s/n, 3ª planta (Vigo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. No caso de non comparecer no prazo indicado, entenderase producida a notificación.

Advírtese, de conformidade co disposto no artigo 24 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, que de non atender ao requirimento terase por desistido da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Vigo, 17 de abril de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/Nº de expediente

Apelidos e nome (DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do requirimento

BS210A

VI-000062969

Domínguez Gil, Emilio (34624095X)

Requirimento de emenda

10.11.2017

BS210A

VI-000063006

Figueroa Alonso, Ángela (35938333M)

Requirimento de emenda

13.11.2017