Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 23 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a citación no procedemento BS210A (expediente VI-000059734 e dous máis).

Despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes, os actos administrativos citados no anexo.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do órgano de valoración da Dependencia de Vigo, sitas na rúa Numancia, número 3, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírteselles que de non presentarse á cita, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito a prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizaren as actividades necesarias para continuar coa tramitación, se producirá a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e se acordará o arquivamento das actuacións, logo da resolución que lles será notificada.

Vigo, 23 de marzo de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Apelidos e nome (DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

VI-000059734

Fernández García, José Antonio (35943121D)

Citación BS210A

12.2.2018

VI-000060339

Rodríguez Barros, Juan (76994734A)

Citación BS210A

4.12.2017

VI-000061647

García Mouriño, Carlos (34631953W)

Citación BS210A

5.2.2018