Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25296

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ORDE do 4 de maio de 2018 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 14 de marzo de 2018.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, mediante a Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 67, do 6 de abril), de conformidade co disposto na base sexta da referida orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 67, do 6 de abril).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidas á dita persoa. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. O/a xefe/a do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2018

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANEXO

Apelidos e nome: Núñez Villarnovo, Lourdes.

DNI: 32695899L.

Subgrupo: C2.

Denominación do posto de traballo: secretario/a da directora xeral.

Código do posto de traballo: MA.C04.00.000.15770.003.

Centro directivo: Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: C1, C2.

Nivel: 18.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

Formación específica: para persoal doutra Administración, curso de iniciacion de galego (RI).

Observacións do posto: