Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato, suxeito a regulación harmonizada, de servizos de limpeza en varios centros dependentes da Xefatura Territorial da Coruña desta consellería (Área de Cultura).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=219208.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE núm. 2017/S 220-458123, do 16 de novembro de 2017; DOG núm. 220, do 20 de novembro de 2017; BOE núm. 282, do 20 de novembro de 2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: servizo de limpeza en varios centros dependentes da Xefatura Territorial da Coruña desta consellería (Área de Cultura).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 315.708,26 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data da adxudicación: 20 de marzo de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 19 de abril de 2018.

c) Contratista: Maga Limpiezas, S.L.

d) Importe de adxudicación: 287.514,69 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2018

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria