Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 23 de abril de 2018, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente POCAB05015, conta 3, e cinco máis.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial de Pontevedra do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 23 de abril de 2018

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Asunto: notificación en relación co procedemento de adxudicacións directas de vivendas Abanca.

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

POCAB05015, conta 3

Ana Luisa Franco do Amaral

...090 R

P-006/17

Ana Luisa Franco do Amaral

...090 R

POCAB05715, conta 3

Sandra Romay Fernández

...149 F

P-049/18

Sandra Romay Fernández

...149 F

POCAB05415, conta 1

Juan Antonio Franco Carrera

...819J

P-005/17

Juan Antonio Franco Carrera

...819J