Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta resolución notifícaselles aos interesados o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.
Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles aos interesados que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela no Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2018
Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
ANEXO
Nº de expediente |
Nome/razón social |
Programa de axudas |
Data de resolución |
Órgano que dita a resolución |
Notificación |
IG190.2017.1.18.COOP |
Mondelo Bello, Daniel |
Axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Resolución do 19 de xullo de 2016; DOG núm. 146, do 3 de agosto) |
5.3.2018 |
Director da Área de Competitividade do Igape |
Resolución de arquivamento por renuncia |
IG190.2017.1.19.DPLN |

IG190.2017.1.20.VISI |

IG190.2017.1.21.ASES |

IG228.2016.1.81 |
Ventanas Energéticas, S.L. |
Axudas a proxectos de investimento xeradores de emprego (Resolución do 28 de decembro de 2015; DOG núm. 247, do 29 de decembro) |
22.2.2018 |
Director xeral do Igape |
Resolución de denegación de axuda |