Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2018 Páx. 25073

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (70/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 70/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Posse contra Xestión Bibliotecaria e Documental, S.A., se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2018.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución de sentenza nº 536/17 con data do 30 de novembro ditada no procedemento DOI 394/17 a favor da parte executante, María Carmen Posse, fronte a Xestión Bibliotecaria e Documental, S.A., parte executada, por importe de 19.857,24 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 1.985,72 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultáneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LEC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, en que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2018.

Parte dispositiva:

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir a executada Xestión Bibliotecaria e Documental, S.A., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 19.857,24 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 1.985,72 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0070 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

2. Requirir a Xestión Bibliotecaria e Documental, S.A., co fin de que no prazo de 10 días, manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 aberta no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Xestión Bibliotecaria e Documental, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza