Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2018 Páx. 25103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 10 de maio de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 30/2018-B, interposto por José Gómez Quintas.

Nesta xefatura territorial recibiuse escrito do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 30/2018-B, interposto por José Gómez Quintas contra a Resolución do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, do 19 de setembro de 2017, sobre clasificación dos montes denominados Vales, Regueiriño, Patomela, Barronca, O Tesiño, Campo da Escola e Campo de Santa Ana, na parroquia de Sandiás, no concello de Sandiás.

En consecuencia, esta xefatura territorial, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, empraza todas as persoas interesadas no procedemento para que poidan comparecer como parte nos autos seguidos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 10 de maio de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense