Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2018 Páx. 25097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadeo (expediente IN407A 2017/74-2, 8546 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: soterramento da LMT Ribadeo 1 entre AP-161 e CS 5950 Vilar.

Situación: concello de Ribadeo.

Características técnicas:

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV baixo tubo, cunha lonxitude de 560 m, con orixe en apoio existente AP-161, condutor tipo RHZ1 240, pasando polo CT Mercadona Ribadeo, polo CS 5950 Vilar (a desmontar) e final no CS 9815 Eroski.

• Centro de transformación en caseta prefabricada existente, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, con foso recolleaceite, 1 cela de protección a maiores das xa existentes e armarios de distribución da rede de BT.

• Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 230 m, con orixe en apoio existente HV-11/630 (punto 7), condutor tipo RZ 150 e final en RBTA existente.

• Liña de baixa tensión soterrada, con orixe no CT Mercadona Ribadeo, condutor tipo RV 240 e RV 95, e final nos CGP de distintos clientes e no apoio existente HV-11/630 (punto 7).

• Desmontar a LMT aérea Ribadeo 1 entre o apoio AP-161 e o CS 5950 Vilar integrada por: 280 m de LMT aérea, CTI Reverte, CTI Panificadora e un dos apoios de formigón que o soporta e 120 m de LMT soterrada existente entre o apoio AP-162 e o AP-163.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes as que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 18 de abril de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo