Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2018 Páx. 25080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato, tramitado polo procedemento aberto e tramitación ordinaria e anticipada de gasto, para a contratación do servizo de prevención alleo para a seguridade no traballo e a vixilancia da saúde na Administración xeral da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2018-SESE 05–PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=226135

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de prevención alleo para a seguridade no traballo e a vixilancia da saúde na Administración xeral da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 85121100. Servizos de medicina xeral.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 19.12.2017; BOE do 26.12.2017 e DOG do 5.1.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.788.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 715.200,00 €.

Importe total: 755.520,00 €

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20 de abril de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 26 de abril de 2018.

c) Contratista: Cualtis, S.L.U.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 699.700,00 €.

Importe total: 738.970,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza