Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 2 de maio de 2018 polo que se lles notifica aos interesados a resolución de cesión relativa ao procedemento de cesión de predios con vocación agraria.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución de cesión relativa ao procedemento de cesión de predios con vocación agraria.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

Os interesados poderán coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias de Agader (A Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), desde as 9.00 ata as 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: 200715000505.

Interesado: Francisco Javier Sánchez Naya.

Acto que se notifica: resolución de cesión temporal de predios.

Último domicilio coñecido: paseo de Ronda, 15, 4-1, 15010 A Coruña.

Expediente: 20071500505.

Interesada: Promociones Antonio Rodríguez López, S.L.

Acto que se notifica: resolución de cesión temporal de predios.

Último domicilio coñecido: rolda de Nelle, 78, baixo, 15005 A Coruña.

Expedientes: 20083201018 e 20093200199.

Interesado: Rubén Fernández Saraiva.

Acto que se notifica: resolución de cesión temporal de predios.

Último domicilio coñecido: urbanización Alta Vista, 1C, Candeán, 36317 Vigo (Pontevedra).