Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24776

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2018 pola que se dá publicidade do convenio de colaboración subscrito por este organismo no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2018

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo Issga

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación en materia de prevención de riscos laborais

A participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do Issga, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias de competencia das institucións asinantes del, actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativos de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas as dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega

0,00 €

12.1.2018