Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24754

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 27 de abril de 2018 pola que se fixan os prezos privados de venda ao público de tres publicacións editadas por esta consellería.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Vistos a proposta formulada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e o informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2018

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar

ANEXO

Estratexia Galega Acuicultura: Guía para a realización de plans de vixilancia ambiental de cultivos mariños en gaiolas flotantes instaladas nas costas de Galicia. 30,00 €.

Estrategia Gallega Acuicultura: Guía para la realización de planes de vigilancia ambiental de cultivos marinos en jaulas flotantes instaladas en las costas de Galicia. 30,00 €.

Inventario de la biodiversidad marina de Galicia: Proyecto LEMGAL. 60,00 €.