Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2018 Páx. 24617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 27 de abril de 2018 pola que se notifican os acordos mediante os cales se resolven os recursos de reposición contra a fixación do prezo xusto de varios predios (expediente 2016000217 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 e de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2018

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01584, 1ª fase do sistema xeral Sx/eq-dc/c05/1 Cidade da Xustiza. Exp. 240/413. Tm Vigo.

Concello: Vigo. Provincia: Pontevedra.

Expropiante: Concello de Vigo (Xerencia Municipal de Urbanismo).

Beneficiario: Concello de Vigo (Xerencia Municipal de Urbanismo).

Acto notificado: resolución de recurso de reposición.

Persoas que se notifican

Data do acto
que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Guillermo González Vázquez

Débora González Albores

Laura Carrizo Mosquera

Débora González Albores

Guillermo González Vázquez

Pilar Pérez Eiroa

8.3.2018

8.3.2018

8.3.2018

8.3.2018

8.3.2018

8.3.2018

2016000217

2016000217

2016000218

2016000219

2016000219

2016000226

06

06

07

09

09

12 outras indemnizacións

135.553,99

135.553,99

287.234,47

345.732,31

345.732,31

40.942,00