Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2018 Páx. 24595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0670/2017-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-CO-0670/2017-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c), da mesma lei.

A Coruña, 3 de maio de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-CO-0670/2017-PPM

Arturo Rodríguez Agrafojo

44818846B

Resolución

Tetuán, 88, 1º A, A Pobra do Caramiñal

PSC-CO-0686/2017-PPM

Francisco Domínguez Castro

76778104X

Resolución

San, 72, Abanqueiro, Boiro

PSC-CO-0707/2017-PPM

Hipólito Neira Dourado

32442187C

Resolución

Novoa Santos, 11, 3º D, A Coruña

PSC-CO-0787/2017-PPM

Francisco Antonio del Río Bouzón

53484472L

Resolución

Camiño dos Cons, 15, A Angustia, A Pobra do Caramiñal

PSC-CO-0806/2017-PPM

Luis Miguel Tubío Silva

32707843A

Resolución

Quinteiro, 29, Cespón, Boiro