Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2018 Páx. 24578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 3 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a suspensión da instrución do expediente sancionador na orde social RL 2018/0111-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a seguir, resolvo notificar no Boletín Oficial del Estado, ao amparo do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a suspensión cautelar da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao existir un procedemento xudicial iniciado no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, P.A. núm. 136/2017, por mor do accidente laboral do traballador Diego Estalote Zas, ata que sexa ditada sentenza firme, en aplicación do disposto no artigo 5 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, e do artigo 3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. A dita paralización manterase ata que nesta dependencia se teña coñecemento da sentenza ditada ou de orde de arquivamento.

Expediente: RL 2018/0111-4.

Acta nº: I362018000020985.

Empresa: Procesado de Biomasas del Norte, S.L.

NIF: B-94117942.

Enderezo: Valboa, 41, Arnois. A Estrada.

Vigo, 3 de maio de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra