Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2018 Páx. 24303

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (757/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 757/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Francisco Miguéns Castelo, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Declarar que José Francisco Miguéns Castelo desiste da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Lineanorte Multiservicios, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza