Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2018 Páx. 24139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 25 de abril de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, polo que se notifica o requirimento de documentación para enmendar a solicitude no expediente de responsabilidade patrimonial 12/2017.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e a súa constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Así mesmo, advírteselle que, pasado o prazo de dez (10) días desde a notificación sen atender o requirimento, se terá por desistido da súa petición de conformidade co disposto nos artigos 68 e 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO

Acto de notificación: o requirimento de documentación para enmendar a solicitude no expediente de responsabilidade patrimonial 12/2017.

Data do acto: 4.7.2017.

Interesado: Xosé Dositeo Veiga Alonso (UTE Altega, S.L. e Ferventia, S.C.).

Órgano competente: secretario xeral técnico.