Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2018 Páx. 24126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 23 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre un proxecto de explotación de gando vacún de ceba para 2.400 xatos (clave do expediente 2017/00237).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 18 de abril de 2018 relativo ao proxecto de explotación de gando vacún de ceba para 2.400 xatos, promovido por Unimiño, S.C.G. (clave do expediente 2017/00237).

Este informe pódese consultar na ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático