De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do proxecto de valorización de RCD na canteira Cal de Xandía, concello de Arteixo (A Coruña), promovido por Construcciones Crespo Barrio, S.L.
Este informe de impacto ambiental pódese consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2018
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático